Lugo, 17 de xuño de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Alcaldesa de Burela, a tamén Deputada de Economía, Facenda e Es Carmela López Moreno, recibiron este martes aos Reis de España, Don Felipe VI e Dona Leticia, no marco da súa visita institucional á localidade mariñá que conta cun dos principais portos de Galicia, onde a actividade pesqueira aporta o 19% do seu PIB.
O mandatario provincial acompañou as súas maxestades durante a visita na que coñeceron a fondo o mundo do mar e da pesca tradicional desta vila da Mariña Lucense, e a actual situación do sector da man dos profesionais da Confraría de Pescadores. Os Reis de España percorreron tamén a nave das redeiras onde se achegaron a este oficio no que traballan 5.000 mulleres en España, 4.000 delas galegas e 600 de Burela. A continuación, Don Felipe e Dona Leticia tiveron a ocasión de coñecer o Barco-Museo Boniteiro Reina del Carmen que recibe a máis de 4.000 visitantes ao ano, e mantiveron un encontro con armadores, patróns e mariñeiros na lonxa do porto burelés, onde asistiron a unha descarga do bonito que está en plena campaña e unha simulación dunha poxa de peixe.
Tras a visita ao porto, a comitiva desprazouse ata o Concello, onde foron recibidos pola Corporación Municipal e asinaron no Libro de Honra, así mesmo a Alcaldesa de Burela fíxolles entrega como agasallo institucional dunha figura de cerámica realizada pola Fundación Eu Son. O acto institucional concluíu cun encontro co equipo de fútbol sala feminino, o Burela FS, que recentemente se proclamou campión da Copa da Raíña por sétima vez consecutiva.
Na visita tamén estiveron presentes o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda; o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; o Patrón Maior de Burela, Basilio Otero; a Secretaria da Confraría de Pescadores, Diana Durán.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



