O alumno Daniel Piqueras Valle de 2º de ESO acadou o 3º premio da Olimpíada Matemática Galega convocada pola Asociación Galega do profesorado de Educación Matemática. A fase final da Olimpíada Galega tivo lugar esta mañá no Círculo das Artes de Lugo. Os 40 finalistas tiveron que facer valer as súas maiores destrezas na resolución de problemas. Ao estar entre os tres primeiros, Daniel clasifícase para a Olimpíada Matemática Española que se xogará en Valladolid a finais de xuño.























A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



