Foz, 11-05-2017
Un ano mais finalizou a campaña “Céntimo Solidario” organizada por ACIA FOZ Centro Comercial Aberto de Foz a favor da Delegación Local da Asociación Española Contra o Cancro, por iso, queremos expresar o noso agradecemento o seu presidente Xosé Carlos Paleo e a todo o seu colectivo de empresarios e veciños en xeral que solidariamente colaboraron neste evento.
A recadación estimámola importante xa que calculámola nuns trescentos euros aproximadamente e foi entregada na sucursal do Banco Santander para o seu reconto definitivo, pero estamos seguros que o comercio de Foz e os veciños en xeral fixeron un esforzo importante con uns fins que fan posible financiar a investigación, dar apoio psicolóxico, atención social e orientación sanitaria os enfermos de cancro e os seus familiares.
Por ilo, unha vez mais, queremos agradecer a todo o colectivo de empresarios de Foz e os veciños en xeral a súa participación nesta iniciativa que esperamos poder repetir os vindeiros anos.