Cervo 5-5-17.O alcalde de Cervo sinalou que “un dos obxectivos primordiais da nosa política é velar polo patrimonio, e se se confirma que esta formación é, como asemella, un petroglifo, dende o Concello poremos a disposición todos os medios que teñamos ao noso alcance para protexelo”.
Precisamente, cando reestruturamos o Goberno, creamos unha delegación específica de Patrimonio, co fin de centrar esforzos e traballar no impulso e desenvolvemento sostible dos nosos bens patrimoniais, co obxectivo de buscar e preservar os xacementos que existen e os que se podan localizar no municipio.
O alcalde e o edil de Patrimonio quixeron dar así mesmo as gracias a Mariña Patrimonio polo importante traballo que están a facer.