Lugo, 5 de maio de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López; e á Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias, Beatriz Varela Regueira; participaron na I Festa de Nenos e Nenas Emprendedores que tivo lugar este venres nos pasillos do Pazo de San Marcos. Deputación, Concello de Lugo e Mulleres Empresarias promoven esta iniciativa para fomentar entre os máis novos valores como o espírito emprendedor, traballo en equipo, talento, creatividade ou a solidariedade.
Na Festa de Nenos e Nenas Emprendedores, participan 60 nenos de entre 6 e 12 anos, con 24 mini-empresas, nas que poñen á venda diferentes produtos e pezas elaborados ou preparados por eles mesmos, por exemplo, doces ou pulseiras, cuxos fondos recadados serán destinados aos colectivos de Raiolas, Down Lugo, Protectora de animais e Parálise Cerebral. Para clausurar a xornada, o Mago Antón, realizou unha actuación de maxia para os nenos, no Salón de Actos da Deputación.
O Concello participa cun stand
A colaboración municipal consiste, por un lado, na cesión de aulas no Espazo Lab, no CEI Nodus, nas que os nenos e nenas elaboraron xa este pasado fin de semana os seus produtos, e, por outro, na colocación dun stand na feira na que os participantes realizaron produtos relacionados coa Unión Europea e verán as vantaxes de intercambiar bens con outros países. Esta colaboración enmárcase na programación que o Concello organiza a través do centro de información europea Europe Direct-Lugo co gallo do Día de Europa, que se celebra o 9 de maio, e que incluirá diversas actividades infantís, ademais un concurso de fotografía, lectura dun manifesto, a interpretación do himno de Europa e o izado da bandeira.
24 mini -empresas participantes
1. 1000 e 1 GOMITAS: xoería.
2. SWEET MARTINA: doces.
3. EL JARDIN DE LA ILUSION: minicaptus pintados e bolsitas de flores secas.
4. DULCES DE ORO: galletas e roscón.
5. LAS CHOCO BROCHETAS: brochetas de froita con chocolate.
6. AS MIÑAS COUSIÑAS: bolos preñados de chourizo e mini chourizos.
7. MANUALIDADES.COM: manualidades
8. RECICLING: reciclaxe. ASOCIACIÓN RAIOLAS.
9. CESPIN CABEZA: muñecos de cabeza de céspede.
10. FOTOSPLASH: fotografía e tirada de bolos.
11. HELLO CUP: tazas pintadas
12. LA ROSQUITIENDA: rosquillas.
13. A y A ARTESANIA: artesanía.
14. CASETA DULCE”: galletas e chuches.
15. N Z: bisutería.
16. JUICE EXPRESS: zumos naturais ecolóxicos.
17. USA: portavasos, merendas, fundas e llaveros.
18. LOS MINIRODRIGUEZ: marca páxinas e segunda mano.
19. DELICIAS GALLEGAS: postres, filloas, orellas e rosquillas.
20. LUCKY NUT: noces pintadas.
21. LA IDEA: petos.
22. DOCES VENTURA: repostería.
23. A TENDIÑA DO CORGO: limonada, naranxada e bocatas.
24. AS CATRO MANS: varitas, garbanzos, medusas de plástico e espadas.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



