Foz, 23 de maio de 2017. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que este venres, día 26, terá lugar unha reunión informativa para todos os veciños e sobre todo para os afectados polas obras na avenida da Mariña. A xuntanza terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura e nela estarán presentes o propio rexedor municipal, representantes da Policía Local e da empresa que executa a obra e responsables da dirección do proxecto.
O alcalde de Foz quere “informar a todos os veciños do noso concello, e especialmente a todos aqueles que se poidan ver afectados polo comezo das obras da avenida da Mariña, que este venres ás oito da tarde no salón de actos da Casa da Cultura de Foz vai haber unha reunión onde participarán, ademais do alcalde, as persoas que levan a dirección de obra deste proxecto (proxectistas, técnicos e aparelladores), pero tamén representantes da empresa Ogmios, que é a que leva esta obra, e da Policía Local”.
Javier Castiñeira manifesta que “entre todos trataremos de explicar cal é o obxectivo desta obra, cales son os cambios fundamentalmente estéticos e funcionais na avenida da Mariña, pero, sobre todo, unha vez que temos xa a empresa contratista, o funcionamento que imos levar durante estes meses”.
O rexedor focense salienta que “son dúas obras moi importantes, tanto a da avenida da Mariña como a da rúa Álvaro Cunqueiro. Dúas obras en rúas troncais para as que se necesita unha coordinación, polo que as dúas non se poden executar ao mesmo tempo e que hai que ir avanzando”.
Castiñeira engadiu: “sabemos que o verán é unha época complexa para as obras, pero é certo que todo o que poidamos adiantar nesta obra irá tamén en beneficio de que se poida iniciar o antes posible, xa tamén neste ano, a obra na rúa Álvaro Cunqueiro”.
O alcalde focego subliña que “a idea é que as dúas rúas leven un acabado moi similar. Será un cambio fundamental para a estrutura urbana do noso concello que a día de hoxe non tiña unha zona deste tipo”.
O rexedor fai fincapé en que “as obras poden causar molestias, pero tamén sabemos que a medio prazo isto é unha obra fundamental da que todos os veciños de Foz, os comerciantes e residentes, estaremos moi orgullosos dela. Era moi demandada historicamente no noso concello e todos os partidos políticos e toda a corporación vémola correcta; e, desde logo, vai ser unha obra da que poidamos presumir os veciños e comerciantes nos próximos anos”.
Javier Castiñeira pide “paciencia durante as obras. A empresa ten unha vontade moi grande de tratar de compatibilizalas co verán e coa actividade económica dos establecementos e, por suposto, tamén dos veciños afectados. É unha empresa coa garantía de ter feito obras importantes en cidades con moito máis tráfico que a avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro. Con esa tranquilidade queremos transmitirllo a todos os veciños en aras de seguir profundando na maior información. Levamos varios meses informando sobre estas obras nos medios de comunicación, pero creo que o momento importante e culminante será este venres ás oito da tarde, acto para o que quedan citados todos os veciños e aquelas persoas que queiran informarse sobre cal é o estado das obras na avenida da Mariña e o que van ser as obras na rúa Álvaro Cunqueiro”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



