Foz 03-05-2017.- O grupo municipal socialista vai presentar no pleno deste xoves una moción solicitando unha actuación na área recreativa de Ferreiravella, situada preto da Basílica de San Martiño.
Esta área recreativa conta cun centro social onde, habitualmente se celebran as obras de teatro e outras actividades culturais da parroquia, ademais de contar cun área de esparcemento familiar e infantil.
A entrada de aceso e as inmediacións están cheas de lama e fochancas necesitando unha actuación urxente polo lamentable estado no que se atopan. Recollendo esta demanda dos veciños e dándolles voz o PSOE vai solicitar mediante unha moción que presentará no pleno deste xoves que o Concello asfalte a entrada e as inmediacións, se sinalen as prazas de aparcadoiro, reclamando tamén que se faga o adecuado mantemento da zona, rozando e segando a herba e repoñendo os aparellos dos nenos e os bancos e parrillas cando se vaian deteriorando.
Cando se fan áreas recreativas, parques e xardíns hai que ter en conta, non so o coste de facelos senón tamén a obrigación por parte do Concello de mantelos nas debidas condición de uso e disfrute, unha vez feitos.
Un correcto mantemento que tamén require a área recreativa das inmediacións da Basilica onde moitas das forolas non aluman e outras estan moi deterioradas.
Os socialistas non queremos que, nun Concello turístico coma Foz, a imaxe de deterioro e falta de mantemento sexa a que leven os turistas e visitantes da Basílica.