Viveiro 3-5-17. O Bloque Nacionalista Galego ven de organizar, esta última fin de semana de abril, dous actos conmemorativos en Xove e Viveiro, en homenaxe ás mulleres e homes que en pleno postfranquismo, amosaron a súa dignidade e, mobilizadas polo nacionalismo galego, foron quen de frear a construción dunha central nuclear no concello de Xove.
Os actos deron comezo ás 12.30h. en Ceranzos (Xove) co descubrimento dunha placa “en homenaxe á veciñanza movilizada pola dignidade dun pobo e dunha terra”. Durante este acto Xosefa Domínguez, interviu para recordar aos seus veciños Antonio López, Guillermo Rguez., Manuel Fdez. e Dolores Lage, que participaran na loita contra a nuclear, así persoas que lles axudaron naquela loita, como os líderes agrarios Emilio López “Milucho” e Antonio Oca, presentes no acto e que falarían máis tarde, Xulia, Pencha, África, ou o cura das encrobas “que o mataron dunha tunda que lle deron en Baldaio”: dixo a homenaxeada, que tamén tivo un especial recordo para o seu pai, José María Domínguez, que asegurou ser o maior defensor da loita contra a central.
No seu turno de intervención, Antonio Oca, lembrou a implicación dos Comités de Axuda á loita labrega e de asociacións culturais como Sementeira de Viveiro, destacando nesta loita antinuclear o papel das mulleres que foron as verdadeiras protagonistas, tanto entre a veciñanza como nos comités de axuda.
Por outra banda, a responsable Comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida, tamén sinalou que as mulleres da parroquia foran as que iniciaran esta loita e asegurou que este movemento veciñal demostraba que un pobo organizado e unido é capaz de facerse valer, incluso por enriba das presións sufridas naqueles tempos.
A Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón, pola súa parte, destacou que detrás da loita de Xove hai unha unidade popular galega, que foi o primeiro xermolo do nacionalismo, que tiña unha grande capacidade de movilización social e que estivo traballando ao lado do pobo, conseguindo con esta loita uns resultados fructíferos…Unha central nuclear en Xove, sería a morte desta zona tal como a coñecemos, o expolio da nosa terra e o abuso constante que seguimos vendo hoxe coas grandes empresas que utilizan os nosos recursos e non deixan nada no noso país.
Xa pola tarde, a Portavoz Nacional do BNG, logo dun xantar con protagonistas da histórica loita, militantes e simpatizantes, acompañada pola deputada parlamentar por Lugo, Olalla Rodil e o deputado provincial, Antonio Veiga, desprazáronse ata Viveiro para participar no acto inaugural da exposición “Lembrando Xove Nuclear Non”. Exposición que estará aberta ata o 3 de maio e que está situada na planta baixa da biblioteca municipal.
Durante a presentación deste acto Seve Salgueiro, membro da xestora do BNG de Viveiro, aproveitou para agradecerlle á familia de Xosefa Domínguez, Manuel Miranda, Paco Luis e África Jiménez a súa colaboración por poñer a disposición do BNG de Viveiro material gráfico da súa propiedade sobre as movilizacións contra a nuclear de Xove: fotografías, carteis, documentos oficiais, libros, pegatinas, documental, pancarta, etc. e que fixeron posible que esta Mostra gráfica da loita veciñal antinuclear poda ser visitada e coñecida polo público. Neste acto interviron o activista cultural viveirense, Francisco Luis Rodríguez Guerreiro, que fora membro da agrupación cultural Sementeira e que lembrou durante a súa intervención que xa desde o anuncio na revista Kilowatio de Fenosa da instalación da Central Nuclear en Xove, no ano 73, impulsáranse numerosos actos informativos e mesas redondas coma a que organizara Sementeira no nadal do ano 74 na que participara, entre outros expertos, o economista e profesor da USC, Ramón López Suevos, presente no acto e cuxa intervención sorprendeu e emocionou a todos as/os asistente ao acto inaugural desta inédita exposición, que pasadas as 19.00 h., foi clausurada por Ana Pontón Mondelo.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



