Foz 9-6-17.Este xoves, celebrouse, no colexio Martínez Otero de Foz, o acto de graduación do alumnado de 6º de infantil, que remata unha etapa que durou tres marabillosos anos. Ao emotivo acto acudiron todos os cursos do colexio (desde infantil ata a ESO), membros da comunidade educativa, pais e familares dos protagonistas. Todos eles puideron disfrutar de diferentes momentos que tardaremos en esquecer. O curso que vén iniciarán a súa andaina na educación Primaria.
O venres, día 9 de xuño, tivo lugar a despedida do alumnado de 4º de ESO. Esta celebración, que contou coa presenza de todo o alumnado do centro e unha nutrida representación das familias, iniciábase cunha intervención do profesorado que exerceu a labor titorial do grupo ao longo destes 13 anos de estadía no colexio. O acto continuou cun baile a cargo do alumnado homenaxeado para, deseguido, tomaren a palabra os rapaces e rapazas que foron facendo un repaso minucioso das súas vivencias e sentimentos no Martínez Otero. Acto seguido, procedeuse á entrega de orlas e ao intercambio de agasallos entre o alumnado e o profesorado. Para finalizar esta despedida, e xa só coa presenza do alumnado homenaxeado e os seus familiares, visionouse un vídeo retrospectivo coas imaxes dos seus trece anos de estadía no colexio. En último lugar, por volta das 13h30, ofrecéuselles, ao alumnado de 4º da ESO e aos seus familiares, uns petiscos que correron a cargo da Administración do centro.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



