Burela 13-6-17. A brasileira Cilene Pereira Paranhos continuará no Pescados Rubén Burela FS en 2017-18. A peche, acompañada polo presidente laranxa, Manuel Blanco, e pola vicepresidenta, Cesarina Fanego, mostrouse moi contenta pola súa continuidade: “Persoalmente foi unha tempada moi boa e espero mellorar para o próximo ano, buscando títulos. A negociación foi moi doadal; tanto o club coma min tiñamos claro o que queriamos e decidimos renovar por unha tempada” explicaba a 16 laranxa.
Tras a súa primeira experiencia deportiva lonxe do Brasil, Cilene aposta por seguir medrando no fútbol sala español: “Foi difícil estar lonxe da familia pero, aos poucos, foi máis doado, tiven a visita do meu marido, e agora xa estou totalmente adaptada; espero facer un ano mellor”, explicaba a canarinha humildemente, cos 30 partidos de liga disputados, 23 deles como titular, e 17 dianas na súa cuadrícula particular, que a colocaron como a segunda máxima goledadora laranxa.
Desde a directiva, Manuel Blanco e Cesarina Fanego aplaudiron a renovación de Cilene como “unha garantía na solidez do proxecto de Pescados Rubén”. “Cilene soubo adaptarse á perfección á filosofía do club, demostrando o seu gran nivel tanto defensiva coma ofensivamente” encomiaba así o traballo da brasileira o presidente laranxa incidindo na aposta da entidade polo equipo feminino: “Seguiremos apostando polo fútbol sala feminino, baseándonos no proxecto actual e traballando en incorporacións de calidade”.
























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
