Os partidos políticos son creacións humanas non moi diferente dos clans, manadas, tribus, sectas e outras formas de agrupación natural de seres vivos moradores do planeta terra, que tamén teñen os seus manuais operativos e as súas estratexias, xa que logo nada nos estrañe que en cada combate cada cal venda as súas conclusións positivas.
Como os bos vendedores, os fracasos analízanse na intimidade e os triunfos póñense no taboleiro de anuncios. Non é máis que o reflexo dunha forma human de ser. Todos ensalzamos o que somos ou temos e escondemos ass nosas taras e aytrasos mentais. Si conseguimos facer ver aos nosos conxéneres que somos altos, guapos, ricos, intelixentes e cultos, mellor que mellor, así non descubrirán as nosas debilidades e sentirémonos máis seguros.
Pero tamén é certo que hai vendas e vendas, lecturas e lecturas. E a eterna cuestión ao final de cada proceso electoral consiste en resolver sobre a pregunta: Quen gaña? O que obtén máis escanos ou o que suma máis votos?, porque nun primeiro momento a prensa ávida e rápida para confeccionar os titulares oe e plasma o que se di no anuncio inicial, que é o que cala, logo virán as análises repousadas e o desmenuce, pero as caras da foto de portada xa reflectiron a alegría ou a mágoa case intuitiva de obter ou non a confianza cidadá para os próximos catro anos.
Ademais, a ilusión ou decepción non queda só nas figuras chamadas a competir na carreira electoral, senón que cada elector que depositou o seu voto sente dentro de si que gaña ou perde a súa opción. Algúns dirán: Tiña que haber ido?, pero xa é tarde, o tren pasa á súa hora e o viaxeiro atrasado quédase en terra apeonando e sen forza moral para esixir.
Vemos como facendo de tripas corazón, a vitoria cántase aiña e enxálzase para ocultar a súa cruz, as súas outras realidades.
Pero cando estamos no ecuador dos gobernos dos nosos concellos cave recordar que aquí pasou o que pasou. Un candidato-a á alcaldía que gaña as eleccións locais baixo as siglas dunha formación totalmente contraria á idiosincrasia maiormente conservadora do seu electorado, é doblemente victorioso, porque ten que vencer o rexeitamento ideolóxico inicial e ademais convencer da bonanza do seu credo. Un conservador gañando en territorio conservador é un resultado cantado, só ten que preocuparse de non queimar aos seus, pero pouco ou nada ten que facer para gañalos, carne sen ósos. É certo que na Mariña gañáron os do P P en concellos pequenos con moitos conservadores habitantes, porque os maiores núcleos de poboación da bisbarra votaron progresismo como corresponde ao seu propio dinamismo sociolóxico. Que pasara nas próximas?


















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



