A Mariña, 7 de xuño de 2017. O DOG publicou hoxe o cambio de estatutos da Mancomunidade de Municipios da Mariña para poder incorporar ao Concello de Viveiro a este ente, segundo deu a coñecer o seu presidente, Alfredo Llano.
Llano relatou que “estábamos agardando con certa impaciencia a que saíra publicado o cambio de estatutos da Mancomunidade para poder incorporar ao Concello de Viveiro de maneira formal e por fin saíu hoxe publicado no DOG. Así que en breve faremos un pleno extraordinario, se fixera falta, para incorporar a Viveiro á Mancomunidade, que é o que queremos todos os Concellos que conformamos a comarca da Mariña. Será o número 16 dos concellos que estamos na Mancomunidade”.
O presidente da Mancomunidade engadiu: “levou o seu tempo porque había algún tema que tiveron que consultar, pero por fin se publicou e agora hai que facer un pleno extraordinario para poder incorporalo e facer todo o necesario para que forme parte da Mancomunidade con todo os dereitos e deberes”.