Lugo, 2 de xuño de 2017. A VI Subida á Pontenova arrancará mañá na Praza dos Fornos do municipio mariñán, a partir das 9:30 horas, coa apertura do parque pechado de vehículos. A continuación terán lugar as verificacións administrativas e técnicas e ás 14:00 horas publicarase a listaxe de pilotos autorizados para tomar a saída, no taboleiro oficial de avisos da Casa da Cultura. Ás 15:30 horas terá lugar a presentación dos pilotos na Praza dos Fornos e, unha hora máis tarde, realizarán a primeira manga de adestramentos para, de seguido, disputar as dúas primeiras mangas oficiais da competición.
O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas de Asturias e Castela e León. A Subida á Pontenova, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa se ten convertido nunha das competicións máis espectaculares do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.
O Executivo Provincial aposta polo mundo do motor como reclamo para atraer a milleiros de persoas, dinamizando a economía dos Concellos lucenses. Deste xeito, investiu un total de 137.000 euros en achegas ao deporte automobilístico, coa organización do Rali San Froilán, o Rali Comarca da Ulloa, a Subida a Chantada e a Subida á Pontenova, unido ás axudas pioneiras para pilotos de rali lucenses e a celebración do Volante Deputación.
Programa
Sábado 3 Xuño
09:30 horas. Apertura Parque Pechado. Praza dos Fornos.
09:00 a 12:00 horas. Verificacións Administrativas. Casa da Cultura.
09:30 a 12:30 horas. Verificacións Técnicas. Praza dos Fornos.
14:00 horas. Publicación Lista Autorizados a tomala saída. Taboleiro Oficial de Avisos (Casa da Cultura)
15:30 horas. Presentación Pilotos Parque Pechado. Praza dos Fornos
16:00 horas. Presentación Pilotos en Parque Pre-saída. Saída Treito. Estrada LU-4803
16:30 horas. Saída 1ª manga de Adestramentos
Seguido. 1ª Manga Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803
Seguido. 2ª Manga Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803
Domingo 4 Xuño
08:30 horas. Presentación Pilotos Parque Pechado. Praza dos Fornos.
09:00 horas. Presentación Pilotos en Parque Pre-saída. Saída Treito. Estrada LU-4803
10:00 horas. Saída 2ª manga de Adestramentos. Saída Treito. Estrada LU-4803
Seguido Saída 3ª Subida Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803
Seguido Saída 4ª Subida Oficial. Saída Treito. Estrada LU-4803
15:00 horas. Entrada parque pechado. Praza dos Fornos.
15:15 horas. Verificacións de Oficio. Talleres Santa Apolonia, 75
15:30 horas. Publicación de resultados. Taboleiro Oficial de Avisos (Casa da Cultura)
15:45 horas. Rolda de prensa dos tres primeiros clasificados, carrozados e non carrozados. Casa da Cultura.
16:15 horas. Entrega de Premios e Trofeos. Casa da Cultura.























O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
