Lugo, 02 de xuño de 2017.- Os alcaldes do PSOE esíxenlle á Xunta de Galicia políticas activas que xeren emprego de calidade na provincia. Nun escrito rexistrado hoxe na Delegación da Xunta en Lugo e asinado polos 28 alcaldes da provincia, denuncian que a Administración autonómica vén aplicando unha política en materia de emprego que está a dar moi poucos resultados nos concellos, onde actualmente hai 20.000 persoas que non teñen traballo.
En nome dos 28 alcaldes socialistas, Argelio Fernández Queipo, puxo como exemplo os obradoiros de emprego que outorga a Xunta de xeito anual denunciando as súas debilidades como que “a tramitación é moi complicada e os cerca dun 50% dos criterios de adxudicación son subxectivos, o que nos leva a quedar sempre fora dos obradoiros”. Só o ano pasado, por ser ano electoral, algún concello socialista recibiu un obradoiro de emprego. Fernández Queipo pon como exemplo que “levo moitos anos no Concello da Fonsagrada e nunca se nos concedera un obradoiro de emprego; menos o ano pasado que, como era ano electoral, concedéronnos un”.
Políticas de emprego para todos os concellos e emprego de calidade
Os alcaldes socialistas piden uns “criterios obxectivos para a adxudicación dos obradoiros de emprego e de calidade”. Actualmente, as persoas seleccionadas para os obradoiros de emprego só traballan durante 6 meses e perciben un salario ínfimo, de 600 euros mensuais. Fernández Queipo di que “ningún traballador se acaba insertando laboralmente xa que os cursos son moi curtos, os traballadores teñen problemas económicos importantísimos debido a que son só 600 euros de retribución, ademais dos desprazamentos da xente que non é do lugar onde se están desenvolvendo os obradoiros”. Reclaman uns salarios dignos e que exista unha inserción laboral real para que os obradoiros cumpran coas súas funcións.
Os rexedores socialistas presentan hoxe este escrito cando a Xunta celebra a entrega de diplomas polos obradoiros de emprego na provincia. “Estamos hoxe aquí nun acto da Xunta de Galicia que é sacar unha foto polos obradoiros de emprego para quedar ben coa cidadanía”, asegura Argelio Fernández Queipo.
A Deputación como exemplo na xeración de emprego
Os alcaldes do PSOE da provincia demándanlle á Xunta “que se poña as pilas e que sexa realmente un motor de emprego “ tal e como o está sendo a Deputación de Lugo.
O voceiro dos socialistas lucenses lembra que “apostamos por algo semellante ao DEPUEMPREGO da Deputación lucense”. Un plan de emprego para todos os concellos da provincia, sen distincións, que xa xerou un total de 264 postos de traballo.
Unha das características deste programa é que os concellos teñen autonomía para definir os perfís laborais que precisan en atención ás súas necesidades, conseguindo así mellores índices de inserción laboral.
Haberá una nova edición do DEPUEMPREGO con cando menos outros 250 postos de traballo, ademais de seguir en funcionamento o programa Ben Empregado que xa leva creados case 750 postos de traballo para persoas que anteriormente non o tiñan.
Esta mesma semana, no marco de Ben Empregado, xa se teñen incorporado 166 traballadores a diferentes empresas de toda a provincia, cumpríndose os obxectivos de inserción laboral e de apoio ao propio tecido empresarial de Lugo.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



