Silleda 9-6-17. Os concellos de Alfoz e O Valadouro participan de forma conxunta na VII Feira de Turismo de Galicia Turexpo 2017. Nas dúas primeiras xornadas, desde a Oficina de Turismo do Concello de Alfoz realizáronse preto de trinta entrevistas con diferentes turoperadores de países tan diversos como Brasil, Polonia, EE.UU, Portugal e China, aparte das empresas nacionais. Nesta bolsa de contratación, na que tamén participaron profesionais que desenvolven as súas actividades no concello, tales como O Freixo dos Lobos, Alberto Geada ou Amextrem, mostráronse as potencialidades turísticas da zona para abrir novas vías de contacto pois, como indica Xabier Pardiñas, responsable Turismo do Concello de Alfoz, “trátase dun espazo de networking, un punto de partida con novos contactos de traballo que debemos continuar”. No stand habilitado para os dous concellos, coordinado pola Oficina de Turismo, mostraranse ao longo destes catro días non soamente os seus recursos turísticos senón tamén productos gastronómicos da zona. Durante as xornadas realizaranse degustacións de diferentes produtos relacionados co mundo do pan, os embutidos e o mel. Participaron nesta actividade Panadería La Concepción, Panadería Lorenzo, Pastelería Méndez, Embutidos Hermilino, Mel Ouro Puro, Mel O Trobo e Apicultura de Painzás. Dentro das actividades programadas tamèn se realizarán, entre os visitantes ao stand, cinco sorteos de fins de semana en Alfoz e O Valadouro por cortesía do Hotel Vila do Val, Casa Franco e Casa do Forno. A responsable da Oficina de Turismo, Ana Pena, indica que “esta feira é un moi bo expositor para mostrar os nosos puntos fortes e dar a coñecer ambos concellos para atraer un maior número de visitantes.
Na xornada de hoxe realizouse un acto institucional onde participaron os alcaldes de ambos concellos.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



