Burela 29-6-17. O mellor espectáculo de fútbol sala base, o VI Memorial Heroes do Orzán, arrancou esta mañá na Mariña Lucense con 75 equipos, con máis de 700 participantes, entre as categorías prebenxamín e xuvenil procedentes non só de Galicia, senón tamén de Asturias, Madrid, Castela A Mancha e Castela e León. Os escenarios escollidos para a primeira xornada desta cita xa de referencia en toda a península, que se prolongará ata o domingo, son Foz (Martínez Otero), Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao e Viveiro, cun total de 34 partidos. Mañá tamén será testemuña das habilidades destas promesas o municipal de Xove.
O Thalasso Las Sirenas de Viveiro abriu onte oficialmente o evento en homenaxe aos policías Rodrigo Maseda, Javier López e José Antonio Villamor. Ás 20.00 horas a reunión técnica reuniu a clubs participantes, organización e comité arbitral da Federación Galega de Fútbol Sala. Para o cóctel de benvida, ás 20.30 horas, a Fundación Imdecum estivo acompañada pola deputada de Economía e Facenda, Mayra García; os alcaldes de Burela, Alfredo Llano, e Xove, Demetrio Salgueiro; o concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto, e as edís de Turismo de Viveiro e Foz, María Soledad Rey e María Teresa Rego; o inspector xefe da Policía de Viveiro, Jesús Seco, e Pablo Rodríguez, de Participación Cidadá; familiares dos homenaxeados e medios de comunicación.
A fase de grupos asolagará as cinco sedes mariñás ata o sábado. A fase final concentrarase o domingo en Burela, con sesión matinal entre Vista Alegre e Monte Castelo; pola tarde a Bomboneira vivirá as finais das 6 categorías, con entrega de trofeos prevista para as 20.45 horas.
Toda a actualidade do torneo poderá seguirse a través do Twitter da Fundación, @imdecum.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
