Lugo, 26 de xullo de 2017. O Pleno deste martes aprobou por unanimidade a proposta do Goberno Provincial de incrementar en máis de 5,2 millóns de euros (5.252.863 euros), procedentes de remanentes, os investimentos na provincia este ano, incorporando estes fondos ao orzamento da Deputación para 2017. O Presidente, Darío Campos Conde, detallou antes de iniciar a sesión plenaria as actuacións que se levarán a cabo no conxunto da provincia.
– 500.000 euros para a prestación na provincia dun servizo integral de custodia de animais abandonados. O Goberno Provincial mantivo varios encontros coas asociacións de protección animal da provincia para coñecer de primeira man as súas necesidades, tendo en conta, ademais, os limitados recursos dos Concellos. Destaca a reunión do pasado mes de febreiro, pois, por primeira vez, todos os colectivos da provincia contra o abandono animal abordaron conxuntamente a súa situación a proposta do Executivo da Deputación e coa súa participación, máis a dos técnicos provinciais. Compre ter en conta que, como noutros casos, a Xunta de Galicia concedeu aos municipios as competencias legais neste eido pero non os fondos para executalas. O Executivo autonómica tampouco achega nin un só euros ás protectoras de animais da provincia, que só contan coas colaboración dos Concellos e da Deputación.
Esta última increméntase, pois o Executivo Provincial achega, dos 500.000 euros aprobados hoxe, 85.000 euros á dotación de instalacións de garda e custodia de animais no Concello do Valadouro para prestar este servizo, en colaboración coa Asociación Protectora Valadouro-Alfoz, aos municipios da zona norte da provincia; 100.0000 euros á dotación destas instalacións de garda e custodia de animais no Concello de Sarria para prestar este servizo, en colaboración coa asociación Huellas, aos municipios da zona sur da provincia; e 315.000 euros á mellora das instalacións da Protectora de Animais e Plantas de Lugo para prestar este servizo, en colaboración con dito colectivo, aos Concellos da zona centro.
O Goberno Provincial intensificará a colaboración cos colectivos de protección animal con novas axudas xa previstas. Deste xeito, concederá outros 35.000 euros á asociación de Xermade e tamén avanza na colaboración co colectivo de Monforte de Lemos.
– 1 millón de euros para os centros da terceira idade de Portomarín e Folgoso do Courel. Tras varias reunións de traballo sobre a construción destas dotacións sociais, e en acordo cos Concellos, será a propia Deputación, e non SUPLUSA, a entidade responsable da execución destas dotacións sociais. Polo tanto, anúlase a transferencia de crédito á Sociedade Urbanística Provincial e incorpóranse estes fondos ao orzamento da institución para 2017. Son 500.000 euros este ano para a residencia e centro de día de Folgoso do Courel e outros 500.000 para os apartamentos tutelados en Portomarín. En ambos os dous casos, asinaranse convenios de colaboración mediante os cales os Concellos cederán á Deputación os terreos, ademais de facer unha achega económica, mentres o organismo provincial encargarase da execución das obras, a maiores de asumir o financiamento das mesmas, así como o dos equipamentos.
Actualmente, trabállase na redacción do proxecto da residencia e centro de día de Folgoso do Courel logo de estudar o actual estado da antiga escola, que se tiña previsto reformar, e acordar o seu derribamento, tendo en conta o actual estado no que se atopa este inmoble. Construirase unha nova estrutura, permitindo, ademais, ampliar a capacidade do centro de maiores. Tamén se traballa na redacción do proxecto dos apartamentos tutelados de Portomarín tras acordar o cambio da súa situación, é dicir, os terreos que o Concello cederá á Deputación para construír estas instalacións.
– Case 1 millón de euros (989.000 euros) para a mellora da LU-P-1901 da Fonsagrada a Navia de Suarna. Trátase da única estrada que une os Concellos da Fonsagrada e Navia de Suarna, ademais de vertebrar a Comarca da Montaña, pois conecta con outras importantes vías, como as autonómicas de Becerreá a Navia de Suarna ou de Lugo á Fonsagrada. Con este investimento, incrementarase o ancho da calzada ata acadar os 6 metros, ademais de mellorar o firme con aglomerado en quente e incrementar a sinalización. Executaranse estes traballos dende punto quilométrico 0 ao 3.600, mellorando un treito de 3,6 quilómetros.
– Máis de 2,7 millóns de euros (2.763.889 euros) para transferencia a Concellos, incrementando a cooperación cos municipios da provincia logo de investir nun só ano (dende xullo de 2016 e ata hoxe coa execución do orzamento de 2016 e coas actuacións aprobadas ata o momento do presuposto deste ano, que ascende aos 20 millóns a través do Plan Único) máis de 60 millóns de euros nos 67 Concellos.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



