Hai uns días concluía coa visita á Catedral de Santiago e a foto de grupo na praza do Obradoiro a peregrinación por etapas a Compostela que durante nove fins de semana fixeron un nutrido grupo de veciños e veciñas de Barreiros a través do Camiño Francés. O Concello foi o encargado de organizar un ano máis esta actividade.
