Trátase dunha montaxe de cancións combinadas con accións dramáticas. A representación, incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia, terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro ás 12:00 horas. Colabora o Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil.
