Dentro do programa de obradoiros e actividades de verán que ofertamos no Museo Provincial do Mar de San Cibrao mañá, mércores 26 de xullo, levaremos a cabo o taller Vento mareiro. O vento é fundamental na navegación, non só porque se encarga de propulsar as velas facendo que o barco avance, tamén porque é de gran importancia coñecer a súa velocidade e dirección para fixar o rumbo e a colocación das mesmas. Que tipos de vento hai, como se miden, cal é a súa influencia nas correntes mariñas, serán algunhas das cousas que coñecerán xs Pequeamig@s. Para participar nestes obradoiros, como sempre totalmente gratuítos, só é necesario inscribirse no propio museo, chamar por teléfono ou a través do correo electrónico museodomar@museolugo.org.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



