Cervo, 5 de xullo de 2017.- O Concello de Cervo está a acometer estas semanas traballos en materia de saneamento e mellora de abastecemento de auga en varias zonas de Cervo e San Ciprián.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado do edil de Obras, Plácido Pérez, e da de medio ambiente, Manuela Méndez, supervisou esta mañá as actuacións que se están a acometer nestes intres en Cervo e que, en concreto, neste caso, “van encamiñadas a mellorar a presión da auga que reciben os veciños da Avenida de Galicia e da Avenida de Lugo, logo de que se detectara algunha deficiencia neste eido”.
Ademais, tal e como sinalou o rexedor “nestas semanas pasadas, froito das tormentas que houbo, alagáronse algunhas rúas; e, co fin de solventar eses problemas, estamos a realizar estes días obras para reforzar a rede de pluviais en zonas de Cervo e San Cibrao, para evitar esas acumulacións puntuais de auga”.
Villares apuntou que “son traballos aos que lles prestamos especial atención porque redundan na mellora da calidade dos servizos dos nosos veciños e afectan a infraestruturas que consideramos imprescindibles; por iso reservamos cada ano unha partida importante do orzamento do Concello de Cervo para este fin”.
Neste caso as actuacións que se están a acometer supoñen unha inversión de máis de 10.000 euros procedentes de fondos municipais.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



