Foz, 27 de xullo de 2017. O Concello de Foz vén de recibir a autorización da Dirección Xeral da Administración Xeral, da Xunta de Galicia, que permite que o Concello e o Consorcio Galego de Benestar asinen o convenio correspondente para a cesión da nova residencia de maiores. Segundo subliña ese escrito, non existe dualidade de competencias neste asunto. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, asegura que se trata dunha moi boa nova para Foz e que deste xeito se desatasca a posta en marcha desa instalación.
O rexedor focense anunciou hoxe: “dende o Concello de Foz queremos informar dunha moi boa nova, que é a comunicación por parte da Dirección Xeral da Administración Local, da Xunta de Galicia, da autorización para que o Concello poida firmar ese convenio co Consorcio Galego de Benestar de cesión da residencia ao Concello”.
Javier Castiñeira subliña que “é un acto administrativo preceptivo, a autorización da administración local para que non concorrira unha dualidade de competencias e que o Concello tivese a capacidade económica para poder solventalo”.
O alcalde explicou que “esa cesión inicialmente vaise pretender por catro anos para salvar unha situación que é unha transición do asilo de anciáns, que sabemos que está esperando precisamente por esta nova, para tratar de non pechalo e que queden aí avós que agora mesmo están nese centro e que tampouco se vexa afectado o persoal”.
Castiñeira engadiu que “a partir de agora en próximas semanas xa estamos en contacto e trataremos de traballar no que é o convenio de cesión directamente co Consorcio. Unha vez que teñamos ese convenio xa podemos sacar a licitación o concurso e tratar de mirar que ben sexa unha empresa ou unha entidade sen ánimo de lucro ou unha ong, como é o caso que hai a día de hoxe con Mensajeros de la Paz no asilo de anciáns”.
O rexedor destacou que “se desatasca un asunto que levaba varios meses así e estamos contentos porque é un pasiño máis para que nos próximos meses esa infraestrutura que hai aí feita, con equipamento incluído, estea dando o servizo para o que foi concebida”.




















Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



