Lugo, 5 de xullo de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llaño, acompañados do Concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz García, e do Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, presentaron este mércores, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a I edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e a II Carreira Nocturna Burela Bonita que se celebran durante os meses de xullo e agosto no municipio mariñán. O Goberno da Deputación colabora cun achega económica de 16.000 euros para a celebración de actividades culturais e deportivas durante todo o ano no Concello de Burela.
Rivera Capón destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta dúas iniciativas culturais e deportivas co obxectivo, por un lado, de impulsar e promocionar o traballo dos artistas locais da Mariña, e por outro, fomentar hábitos de vida saudables a través do deporte. Ademais, con estas citas que se celebrarán nesta época de verán, potenciamos a economía e o turismo do Concello burelense”.
Certame de Pintura Amarte
O concurso de murais a nivel internacional terá lugar os días 4, 5 e 6 de agosto no porto de Burela, coincidindo coa Feira do Bonito. O certame de pintura conta con 10 espazos para realizar murais nos bloques situados no murallón do peirao. A temática dos murais é o mundo do mar. Os artistas serán seleccionados previamente por un xurado profesional que está presidido polo artista Alfonso Otero Regal. Os obxectivos deste evento cultural son recuperar un espazo público e darlle un toque estético e artístico a esta zona do porto, un dos puntos neurálxicos e socioeconómicos máis importante do municipio burelense. Ademais con esta cita cultural, incentívase a actividade artística da zona da Mariña ao tempo que reivindicase ao Concello como lugar de creación.
O Certame de pintura contará con premios económicos que se distribuirán deste xeito:
– 1º Premio: 2.000 euros.
– 2º Premio: 1.000 euros.
– 3º Premio: 500 euros.
Ademais o Concello de Burela outorgará a cada participante 150 euros e materias para a realización do mural, como pintura, brochas, rodillos ou pinceis.
II Carreira Nocturna Burela Bonita
O Goberno da Deputación tamén colabora coa segunda edición desta cita deportiva urbana que terá lugar o vindeiro 22 de xullo ás 22:30 horas no Concello mariñán. A carreira forma parte do circuíto de verán de carreiras “Tour Mariña Be-One Serviocio 2017” do que tamén forman parte as carreiras: Carreira Popular de Viveiro Adrián Ben, Run Foz Run, Monte de Santa Cruz de Ribadeo. Na anterior edición participaron 180 corredores e este ano espéranse máis de 300.
A carreira popular está dividida en dous percorridos: de 5 quilómetros e de 10 quilómetros. Os interesados en participar poden inscribirse ata o 19 de xullo en www.championchipnorte.com. O prezo é de 7 euros. Os premios serán:
1º Clasificado categoría masculina e feminina: 100 euros e trofeo.
2º Clasificado categoría masculina e feminina: 50 euros e trofeo.
3º Clasificado: trofeo.
O mellor corredor local do Concello burelense obterá un premio de 100 euros.





















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



