Lugo, 5 de xullo de 2017. O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, participou este mércores na manifestación que convocaron os bombeiros da provincia de Lugo para esixir á Xunta que desbloquee a súa equiparación salarial, pois está pendente de que o Goberno galego conceda os 330.000 euros que xa achegou o Executivo Provincial ao Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo para poder efectuarse. Estes profesionais cobran 3.000 euros menos que os do resto de Galicia cando fan o mesmo traballo.
Santos Ramos apuntou que “os bombeiros da provincia de Lugo cobran 18.000 euros ao ano e os de Ourense uns 21.000 euros; unha diferenza que, ao noso parecer, non ten sentido, pois polo mesmo traballo hai que ter o mesmo salario. O PP na Xunta e na Deputación tentan confundir á xente, posto que o Goberno galego non ten ningún problema en investir nos salarios dos profesionais de Ourense, pero si nos de Lugo”
Dobre xogo
O Deputado criticou ademais a postura do Partido Popular de Lugo neste asunto pois “hoxe participan na manifestación, dando a entender que, nin tan sequera, son capaces de convencer aos seus compañeiros da Xunta de Galicia. É o dobre xogo ao que nos teñen acostumados. Candia asumiu compromisos cos bombeiros, sabendo que non ía a cumprilos e botando a culpa a outros do seu partido. Hoxe decidiu non dar a cara e mandar a compañeiros na Deputación á manifestación”.
“O que queremos é que o Partido Popular de Lugo mostre a súa influenza no Goberno Galego do Partido Popular, que se deixe de escusas e que defenda a estes profesionais, que desempeñan unha labor que conta con todo o noso recoñecemento”.
“Que se deixen de confundir e enganar á xente, facendo ver que defenden esta equiparación salarial na Deputación de Lugo, cando é a administración que si cumpriu cos bombeiros, por iniciativa do seu Presidente. Que defendan o mesmo ante a Xunta de Galicia, que é a administración, gobernada polo PP, que está a bloquear esta xusta equiparación salarial, que si fixeron na provincia de Ourense pero non na de Lugo”.
“Ás manifestacións hai que vir con acordos e cos deberes feitos, tal e como fixemos dende o Goberno da Deputación”, concluíu Santos Ramos.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



