RadioVoz fixo este venres dende Foz un programa especial dedicado aos numerosos atractivos que ofrece o municipio durante este verán. Emitiuse en directo por todas as emisoras desta cadea na provincia de Lugo.
O programa foi dirixido e presentado por Félix Jorquera desde a terraza da Pulpería Rente ao Mar, que está na zona portuaria focense. Por este espazo pasaron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo; a técnica municipal de Turismo, Mari Fe Rouco; o pregoeiro das festas do Carme deste ano na vila focense, Suso Castiñeira; e Tristán Alonso, un dos responsables da elaboración das alfombras florais para este festexo que se celebra esta semana.
