Ribadeo, 21 de xullo de 2017. A Agrupación Cultural Francisco Lanza, nas súas XV Xornadas de Historia Local, quere pór en valor a historia, cultura e lingua da “Comarca do Eo”, algo que une o pobo das dúas beiras do río Eo. Este río non separa, todo o contrario: a historia das dúas marxes, aínda hoxe estando administrativamente en diferentes comunidades autónomas, foi sempre unha, o que se reflicte nunha cultura e nunha lingua común. A relación entre as persoas foi sempre moi intensa, e Ribadeo, tradicionalmente, un punto de encontro.
Por esta razón, desde a A. C. Francisco Lanza consideramos que Ribadeo debe facer unha homenaxe a esta convivencia e darlle o protagonismo a aquelas persoas que neste momento están a manter e dignificar a cultura e lingua da zona oriental e os vínculos tradicionais entre as beiras do río.
Nestas XV Xornadas de Historia Local, teremos dúas charlas-coloquio. A primeira delas, o día 26, mércores, tratará sobre “A cultura como valor económico na Comarca do Eo”; será Ángel Prieto Souto, presidente da Asociación San Tirso del Eo, o que nos falará sobre este tema. O segundo día, xoves 27, a lingua será o tema de debate, baixo o título “A comarca do Eo, unha soa lingua”; Héctor Acebo, poeta e xornalista, e Enrique González, “Quique do Roxío”, poeta e activista cultural, disertarán sobre a situación do galego na marxe asturiana.
O primeiro día, despois da charla, poderemos escoitar a actuación do Grupo Toyemerendas, da Veiga.
Como vén sendo habitual, as actividades levaranse a cabo no salón de actos da Casa do Mar, ás 20:30 h.
Seguindo con esta idea, e durante a última quincena de xullo e o mes de agosto, Palabras no balcón difundirá versos de poetas orixinarios ou con vínculos coa marxe oriental do río Eo: Moisés Cima, Viqui Veiguela, Aurora García Rivas, Xavier Frias Conde, Héctor Acebo, Quique dos Roxíos, Belén Rico Prieto e Crisanto Veiguela Martíns…
A finais de agosto difundiranse estes e outros poemas nun recital público, nas escaleiras da rúa San Francisco, actividade na que poderán participar todas aquelas persoas que así o desexen.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



