Burela, 3 de agosto de 2017. A Concellería de Turismo fai un balance moi positivo dos datos acadados no mes de xullo. Incrementáronse un 36% o número de consultas realizadas na oficina de turismo e un 38% as visitas rexistradas ao barco museo. O concelleiro, Ramiro Fernández Rey, cualificou de éxito as rutas xeolóxicas e a do peixe, que estiveron completas o pasado mes.
O concelleiro de Turismo asegurou que “estamos moi satisfeitos de cómo se vai desenrolando esta campaña. Temos que ter en conta que na oficina de turismo tivemos un incremento dun 36% de visitantes con respecto ao ano pasado, chegamos ao número de 2.040 consultas. O barco museo Reina del Carmen desde logo que está tendo unhas cifras moi importantes e é de valorar o traballo que estamos facendo. Tivemos un aumento do 38% de visitas con respecto ao ano pasado e chegamos ás 1.032”.
Ramiro Fernández Rey subliñou que “as rutas xeolóxicas e a ruta do peixe están sendo un gran éxito, foi unha gran iniciativa que sacamos no Concello en colaboración entre as Delegacións de Turismo e Medio Ambiente. Foron rutas que estiveron totalmente completas e queremos seguir potenciando estas iniciativas”.
O concelleiro de Turismo contou que “seguimos tendo como case todos os anos unha maioría de visitantes de Madrid, seguida por Castela-León e tamén os galegos son os visitantes maioritarios”.
Fernández Rey quixo “destacar que o 72% dos participantes nas rutas son de fora de Burela, o que quere dicir que estamos cumprindo con dous obxectivos, un é promocionar o turismo en Burela, e outro é que hai un 30% de persoas de Burela que tamén queren coñecer todo o que ten o seu pobo. Eran unhas rutas que non estaban potenciadas ata o de agora e estamos vendo que non só nos beneficia turísticamente, senón que os propios veciños de Burela queren ser coñecedores de todo o que teñen no seu pobo”.
O concelleiro engadiu: “o que facemos é un balance moi positivo deste mes de xullo e esperamos que as expectativas de cara a agosto sexan mellores. Xa este fin de semana temos a Feira do Bonito e Produart, e está aí o festival Osa do Mar. Esperamos que os datos sigan mellorando e seguramente sexa un ano histórico en canto ao turismo en Burela”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



