Foz, a 16 de agosto de 2017.O vindeiro sábado 19 de Agosto, celébrase en Foz o Día de Mondoñedo, organizado polo grupo “SON´S VARADERO”, coa colaboración do Concello de Mondoñedo e o Concello de Foz.
Os actos a realizar son os seguintes :
•Ás 12 da mañá, comenza a festa con grupos de Gaiteiros chegados de Mondoñedo, que amenizarán ao mediodía con actuacións nos bares que colaboran con esta celebración.
•Ás 20 horas, novamente grupos de gaitas actuarán na zona da festa.
•Ás 22 horas, está programada a actuación da orquesta “SON´S VARADERO” ata o remate da festa ás 12 da noite.
Está prevista a asistencia de autoridades dos Concellos de Foz e Mondoñedo.
A festa celebraráse na zona de confluencias das rúas: Mariñeiro Chila e Emilia Pardo Bazán, no barrio da Isla Nova de Foz.
Antiguamente esta festa celebrábase o día 15 de agosto, e tiña moita repercusión, nesta zona había tres bares, Isla Nova, A Farola, e o Bar Caribe, que vivían a festa cos veciños de Mondoñedo e os seus gaiteiros de unha maneira especial, polos cales tamén nos lembraremos.
José Maria Garcia Rivera. Presidente da Comisión Organizadora.