A Mariña, 16 de agosto de 2017. O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, pide a retirada da lei de saúde pública que o goberno galego quere modificar, e que se cree unha comisión de traballo na que os Concellos e Mancomunidades poidan opinar sobre a situación da sanidade nas súas vilas e comarcas.
Alfredo Llano manifestou que “visto e analizado este anteproxecto, evidentemente estamos tomando cartas no asunto tanto a nivel de partido, como de parlamento, de Mancomunidade e de Concellos afectados porque consideramos que isto hai que debatelo, e desde logo que haxa participación para acometer isto, que consideramos que é moi importante”.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña dixo que “en coherencia co que se está facendo tamén no parlamento en todos os eidos e Concellos afectados, desde aquí imos mandar dúas propostas. Unha delas é que se retire o anteproxecto da lei de saúde pública. E despois que se faga un grupo de traballo que inclúa a representantes de todos os partidos políticos, do parlamento de Galicia, da FEGAMP e solicito que esteamos presentes todos os Concellos afectados. Na Mariña polo menos os 16 concellos que formamos parte da Mancomunidade que sexamos chamados a este grupo de traballo para ter a nosa opinión sobre o que é a comarca da Mariña e o Hospital da Costa. Tamén que estean os sindicatos, as organizacións de pacientes e outros colectivos de relevancia no eido sanitario galego para determinar as posibles necesidades de modificación”.
Llano indicou que “o que se pretende é que haxa debate, acordo e consenso porque na sanidade pública creo que debemos estar todos implicados, e desde logo aportar todo aquilo que sexa preciso e que realmente mellore, e sobre todo que non se perda ningún tipo de atribución, a calidade nin a necesidade dunha sanidade pública competente, e polo tanto debemos estar aí”.
Alfredo Llano subliñou que “acabamos de enviar estas dúas propostas e non quita que máis adiante se sigan enviando propostas cando se comece a traballar no anteproxecto a partir do mes de setembro. En principio mandamos estas dúas para que poidamos ter confianza e seguridade de que se van facer ben, e sobre todo pensando sempre no servizo público, que é o que hai que tratar de mellorar”.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



