Un proxecto que naceu trala viaxe dos autores a Marrocos no 2015, cando percorreron durante días lugares remotos habitados polo pobo Bereber, termo despectivo que substitúe ao propio Amazigh, que significa home libre. Pódese visitar ata o 9 de setembro, en horario de 9.00 a 14:00 horas, pola mañá; e de 17:00 a 20:00 horas, pola tarde. Ese mesmo día, 9 de setembro, como acto de clausura da exposición, haberá unha proxección audiovisual ás 13:00 horas, na propia Casa da Cultura.
