A edil de Educación e Cultura, Dolores García Caramés, partillou cos nenos da actividade repasando en verán, que se desenvolve ata finais de mes nos locais municipais das diferentes parroquias do Concello e na que participan máis de 80 nenos, en total. En concreto, este grupo de infantil estivo durante estes dous meses traballando aspectos das diferentes culturas do mundo; puideron levar o mapa que debuxaron para as súas casas.
