Viveiro 8-9-17. Expoñeranse novedades feitas en Regal cerámicas, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo casi 500 modelos da sua producción, asi como a presentación dunhas 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finales incluindo color en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, naranxa….
Tamen empleando a colección de cerámica utilitaria, novas vaixelas, xogos de te, xogos de café, complementos de mesa, etc
Cabe destacar que na feira de Paris, na que levamos participando 12 anos consecutivos, e onde facemos os contratos de exportacions, en pequenas cantidades dado que a nosa producción é reducida, o nosos clientes son galerías de arte de Alemania, Belgica, Inglaterra, Portugal, Italia, Francia, Libano, EEUU…., na ultima edición destacar un cliente de Shanghai (China), que mercou unha vaixela completa xunto con varias obras de utor.
O dia 30 deste mes estaremos expoñendo na I Feira de Rosalia en Santiago na Praza de Cervantes e a primeiros de Outubro en Santiago, tamen na Cidade da Cultura nas Primeiras Xornadas Profesionais de Artesania no Prato
Todos os productos de Regal Ceramicas, son elaborados artesanalmente en Viveiro, sempre rexeitando taxantemente as continuas ofertas de externalizar a producción a países con baixos costes en man de obra, pois consideramos unha opción nada ética e totalmente engañosa para o consumidor.
Regal Ceramicas estase a vender, como producto feito en Galicia, frente a productos importados que utilizan a marca comprada de empresas que cerraron fai tempo e que fabrican en países extranxeiros, o que significa unha competencia desleal, para os que a trancas e barrancas seguimos a crear postos de traballo na bisbarra.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



