Nas última datas recibimos a visita, sen previo aviso, do presidente da Xunta de Galiza para inaugurar á nova Escola Infantil.
Como de costume, tanto nas filas populares como nas socialistas, incluído o alcalde, foron correndo a render pleitesía a Núñez Feijóo. Da a impresión que el nos regala este servizo ós veciños de Burela, como se os orzamentos de concello e Xunta non dispuxeran dos cartos de todos. Non debemos nada a ninguén.
O caso é que a Escola Infantil chega tarde, mal e arrastro. Tarde porque a apertura se retrasou dous anos debido á incompetencia de PP e PSOE á fronte das administracións públicas.
Mal porque debido á política de recortes do PP, quen eliminou o Plan Educa3, no que este tipo de obras se financiaba a partes iguais entre o Ministerio de Educación e a Xunta, o concello tivo que asumir o 40% da obra e ceder os terreos polos que pagou 90.000 €. Unha ruina para as veciñas e veciños de Burela, debido a que a Xunta descarga na administración local, as súas propias competencias.
Neste intre é bo recordarlle ó señor Barcia, quen no pasado pleno falaba de que o primeiro paso para facer unha obra dese tipo é contar con terreo e un proxecto, que para á construcción do Hospital da Costa foron os veciños os que cederon os terreos sobre os que agora se constrúe un aparcadoiro que o voceiro popular xa confirmou que vai ser privado.
E arrastro porque a ubicación desta nova instalación non é apropiada, con beirarrúas moi estreitas, nunha rúa con bastante tráfico e moi cerca da vía ferroviaria.
O alcalde de Burela mostrábase moi combatente coa administración autonómica cando entrou no poder, pero máis alá de asumir á execución de obras que a Xunta deixou sen facer, non mudou nin un centímetro o camiño que lle marcou a Xunta.
No pasado pleno do concello de Burela debatíase o convenio para a xestión da nova gardería. Para isto o BNG creara o Consorcio Galego para o Benestar e os Asuntos Sociais co obxectivo de regular este tipo de servizos. O PP foi moi crítico no seu momento con este ente, pero dende que nos goberna Feijóo botou man del ignorando os principios cos que se creou. Iso non o di o voceiro do BNG en Burela. Iso dino os informes de secretaría que analizan o convenio enviado pola Xunta e son claros e contundentes: a Xunta vulnera a súa propia norma, o convenio susténtase nun acordo entre á Xunta e á Fegamp polo que se violan os estatutos do propio Consorcio e mesmo se dubida da constitucionalidade da Ley 2/2017 do 8 de Febreiro que dende este ano regula este tipo de acordos.
Ante isto, Alfredo Llano, lonxe de escoitar ós técnicos municipais e defender o interese dos veciños de Burela, propuxo aprobar un convenio de xestión que obriga ó concello a aportar económicamente máis alá do mantemento.
O señor Llano deu as costas ós veciños de Burela e sitúase como cómplice da Xunta nesta nova ruina que recae sobre os burelaos.
Para colmo, os veciños teñen que asistir a disputa pública entre PP e PSOE para ver quen trouxo a Escola Infantil a Burela. Como se non pagasen os veciños. Como se non pagasen de mais grazas á incompetencia de populares e socialistas.
Unha disputa infantil para unha Escola Infantil.


















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.