Por terceiro ano consecutivo o Concello de Lourenzá colabora co CEIP Juan Rey para que todos os nenos teñan a posibilidade de acceder de maneira gratuíta aos libros de texto. O concelleiro de Educación, Manuel Arango Ron, anunciou que “a xunta de goberno local ven de aprobar unha axuda de preto de 600 euros para este fin e poder completar así o banco de libros daqueles cursos que poden acceder ao sistema de préstamo”. Manuel Arango engadiu que “o equipo de goberno de Lourenzá considera que a educación no seu tramo obrigatorio debe ser totalmente gratuíta e é unha mágoa que a Consellería de Educación non pense da mesma maneira e deixe á educación infantil e ós dous primeiros cursos de primaria fóra do sistema de gratuidade”.
O Concello de Lourenzá colabora co CEIP Juan Rey para que todos os alumnos teñan acceso gratuíto aos libros de texto
O Concello de Lourenzá colabora co CEIP Juan Rey para que todos os alumnos teñan acceso gratuíto aos libros de texto
Relacionado
-
Éxito do campus de baloncesto Sublime, que se está a desenvolver estes días en Ribadeo
-
O Espazo Cultural El Liceo, de Navia, acolle este verán dúas destacadas exposicións que ofrecen ao público unha experiencia artística única, baseada na exploración da luz, a escuridade e a materia transformada
-
O restaurante ribadense El Oviedo celebra unha cata de viño única xunto co enólogo e adegueiro Manu Méndez