Lugo, 11 de setembro de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, supervisou este mércores as obras de mellora que o Executivo Provincial está a realizar na estrada de estrada LU-P-4802, de Xinzo por Navalla a Ponte Soutelo, na Pontenova, e que contan cunha achega de 350.000 euros. Son traballos que se executan entre os puntos quilométricos 0,000 e 4,630 e que rematarán, previsiblemente, esta mesma semana. Estas actuacións beneficiarán directamente a preto de 3.000 veciños, pois dita estrada é unha vía de comunicación fundamental para a zona ao conectar A Pontenova coas parroquias de de Bogo, Vilaboa e Vilarmide, así como cos municipios da Fonsagrada e Ribeira de Piquín.
Campos Conde reclamou a Xunta de Galicia un “compromiso real cos veciños da Pontenova” e solicitoulle que mellore os 5 quilómetros desta mesma estrada que son da súa titularidade. O Presidente explicou que hai varios treitos desta vía totalmente renovados grazas ao investimento feito polo Executivo Provincial, e anunciou que hai programados novos traballos de acondicionamento para o tramo que resta. Deste xeito, o Goberno Provincial cumpre cos compromisos adquiridos cos veciños, mellorando as vías que son da súa titularidade, dentro da aposta por unha Deputación rural.
O tamén Alcalde da Pontenova apuntou na necesidade de rehabilitar esta vía, que presenta graves deterioros no firme, feito que durante os últimos anos empeorou, provocando un grande risco para todos os seus usuarios. Campos Conde subliñou que, ademais, na zona atópanse varias empresas con moita actividade diaria o que prexudica, polo tanto, a economía do Concello.
As actuacións consisten na substitución da traída municipal que discorría polo centro da vía e que, debido ás filtracións, producía un grande deterioro no firme. Deste xeito, moveuse dita traída cara unha das beiras da estrada, co que se pon fin a estes problemas. Ademais, mellorouse o firme con aglomerado en quente, ao mesmo tempo que se levou a cabo a limpeza de cunetas e ampliación das cunetas, e incrementouse a seguridade da mesma, coa instalación de máis sinalización horizontal e vertical.

























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



