O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, xunto co Delegado da Xunta na Provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, visitaron o lugar onde se efectuarán as obras de renovación.
Di Villares que esas obras “xa hai moito tempo que se iniciou a súa xestión, pero trátase dunha cantidade importante de diñeiro e este tipo de trámites levan tempo. Comenta tamén que están intentando apurar ditos trámites con Augas de Galicia esperando que o inicio da execución das obras sexa a principios do vindeiro ano. Para o rexedor cervense trátase dunhas obras “moi necesarias” para os veciños desa urbanización xa que as conducións son de fibrocemento e están a producir moitas rupturas, ademais de xerar graves problemas de presión en moitas das casas.
