Trabada (Lugo), 9 de novembro de 2017.- A vindeira semana está previsto que entre en servizo a nova liña de transporte público por autocar que une o concello de Trabada co Hospital da Costa en Burela. Previsiblemente será o luns, en función do tempo que precise a empresa concesionaria para a adaptación das máquinas que expenden os billetes.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, lembrou que se trata dunha ruta de nova creación, xa que logo este municipio carecía deste servizo, e que vén a responder ás demandas dunha mellora da conexión cunha infraestrutura sanitaria tan importante como é o hospital da Costa, para garantir a asistencia probas e consultas dos médicos especialistas.
A Xunta habilitou dúas expedicións, unha de ida que sairá ás 8.30 horas de Trabada e chegará ás 9,30 horas a Burela. E unha segunda expedición para regresar de Burela con saída ás 14 horas e chegada ata Trabada ás 15 horas.
Hai oito paradas previstas no itinerario: Trabada, Lourenzá, Vilamar, Casa da Cultura de Foz, Foz estación de autobuses, Hospital da Costa, Avd. Arcadio Pardiñas (xunto Palacio de Cristal) e estación de autobuses de Burela.
Esta mellora no plan de transporte habilítase a pesar de que o Concello non presentou ningunha alegación, respecto das rutas actualmente existentes, durante o prazo establecido para solicitar estes cambios, do 30 de maio ao 10 de xuño. “Con todo, a Xunta sempre estivo disposta a facer axustes puntuais para mellorar e adaptar as rutas ás necesidades dos viaxeiros” –insiste Balseiro.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



