Viveiro, a 8 de novembro de 2017. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Dende xa fai tempo son, numerosas e repetidas, as queixas de usuarios da piscina municipal que mostran o seu descontento polo pésimo estado no que se atopan a inmensa maioría dos aparatos do ximnasio desta instalación municipal.
En declaracións efectuadas ós medios o 19 de setembro deste ano – concretamente na sección de a Voz de a Mariña da Voz de Galicia -, a Sra. Alcaldesa decía que se repoñerían as bicis rotas neste ximnasio, e que atendería asi as queixas dos usuarios.
Falaba de que corroborarían co encargado da piscina municipal o estado do ximnasio e que se reporían as mencionadas bicicletas .Comentaba asi mesmo que se faría todo o posible, pero que tiñan as limitacións que tiñan.
Dende o noso grupo puidemos constatar que a día de hoxe non hai nin rastro das mencionadas bicicletas, e máis, temos a impresión de que non se fixo ningunha xestión ó respecto. Dado que a Sra. Alcaldesa da a entender que as limitacións son de carácter económico, temos que recordarlle que hai ben pouco a Xunta de Galicia lle adxudicaba o noso Concello e con cargo ó Fondo de Cooperación Local, a cantidade de 532.000 €, que poden ser adicados o que o Concello determine, sin ningún tipo de limitación, simplemente para ser usados naquelas necesidades que o equipo de goberno local estime oportuno.
Dende o PP de Viveiro pensamos que unha parte deste diñeiro ben podería ir destinado a cubrir todas estas carencias da pisicina municipal, para dar un grado de satisfacción alto os actuais usuarios e para evitar a fuga de usuarios a outras instalacións, como consecuencia do mal estado no que se atopan na actualidade.
Por estes motivos, propoñemos ó Pleno da Corporación a aprobación dos seguinte acordo:
ACORDO
1. A utilización de parte destes 532.000 € outorgados pola Xunta de Galicia, para mellorar as instalacións da pisicina municipal e nomeadamente para a mellora de todos os aparatos do seu ximnasio.
Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Grupo Municipal do PP



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



