Lugo, 9 de novembro de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentou este xoves no CENTRAD (Centro de Artesanía e Deseño), a programación de outono que ofrece o Goberno da Deputación para realizar obradoiros de xoiaría, coiro, cestería, madeira e encadernación. Os interesados deben inscribirse no correo electrónico, formación.centrad@deputaciondelugo.org, ou no telefono 982 21 00 66.
A Deputada avanzou que son un “total de 36 prazas ás que se ofertan nos diferentes obradoiros co fin de dar resposta á demanda, e tamén para dar a oportunidade a calquera persoa, sen ser profesional da artesanía co fin de que poida coñecer de preto estes oficios, e incluso realizar algunha peza, como é o caso dos obradoiros de xoiaría ou coiro que nos que poderán elaborar pezas propias e únicas. Polo tanto convertese nunha oportunidade única para coñecer oficios tradicionais, e ao mesmo tempo unha boa oportunidade para poñelos en valor”, resumiu.
García Porto lembrou que nestes momentos no CENTRAD estase realizando un Obradoiro de GIGA e de Rota, que imparte o prestixioso luthier francés, Christian Rault. “Polo tanto, o Goberno da Deputación atende ao sector máis profesional do mundo das artes, e ao mesmo tempo ofrece actividades e programas para aqueles usuarios que non teñen tanta formación, pero queren achegarse a estes oficios”.
No que se refire á programación, García Porto avanzou que o Obradoiro de Xoiaría terá lugar dende o 20 de novembro ao 1 de decembro, e dende o 11 ao 13 de decembro. O horario para impartilo será de 16:30 a 20:30 horas no CENTRAD, cunha duración de 52 horas para 6 alumnos. Os alumnos que participen, e que conta cunha matricula de 26 euros, obterán coñecementos sobre introdución ás técnicas básicas e nos procedementos básicos de fabricación de xoias e aprender a bocetar un deseño. Ademais os participantes poderán experimentar a fabricación dunha peza propia.
No curso de coiro, os 10 alumnos coñecerán os diferentes tipos de coiro e as ferramentas máis comúns para crear un taller. As datas nas que se celebrará será dende o 20 ao 29 de novembro, dende ás 16:00 a 21:00 horas, e ten un custo de 20 euros. Ademais os participantes poderán realizar exercicios prácticos con distintas técnicas de cosido e a realización de pezas.
Á iniciación da cestería celebrarase dende o 11 ao 15 de novembro no Taller de cestería do Río Rato, de luns a venres dende ás 09:00 a 14:00 horas, nun total de 25 horas que se impartirán a 10 alumnos, e conta cunha matricula de 12;50 euros. Neste Obradoiro haberá unha breve reseña histórica deste patrimonio etnográfico galego. Os asistentes tamén poderán realizar unha peza de cestería.
Os docentes do CENTRAD, Joao Fernandes de Vrito e Alvaro Fernández Ferreiro impartirán un curso de madeira, concretamente de taller de moble. Celebrarase dende 22 ao 1, e dende 11 ata o 21 de decembro, cun horario dende ás 09:00 a 13:00 horas, os alumnos deberán achegar unha matricula de 40,50 euros. Neste Obradoiro realizaranse desmontaxe de ferraxes, decapado de aire quente, reparación de ebanistería, tratamento contra a couza ou tinguidura de madeira.
E por último curso de encadernación, da man de Diego López Villar, dende 11 ao 15, e dende o 18 ao 21 de decembro, nun horario de 10:00 a 13:00 horas, cun custe de 13,50 euros. Neste taller os asistentes coñecerán a encadernación xaponesa, a carpeta de anelas e o álbum de fotos.
Inscricións
Todos os interesados poden realizar a inscrición no correo electrónico, formación.centrad@deputaciondelugo.org, ou no teléfono 982 21 00 66. Os participantes nestes obradoiros deberán indicar no correo electrónico os seguintes datos; nome e apelidos, teléfono de contacto e indicar en cal das 5 programacións quere participar (xoiaría, coiro, cestería, madeira e encadernación). Na páxina web da Deputación haberá un banner con toda a información destes cursos.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.