Abadín (Lugo), 8 de novembro de 2017.- O voceiro da agrupación socialista de Abadín, Pablo Díaz criticou hoxe o abandono no que se atopa os puntos de recollida de plásticos agrarios do Concello de Abadín.Denuncia que levan sen recoller e limpar desde antes do verán. Explica que, actualmente hai arredor 16 puntos limpos, que nestes intres se atopan en total estado de abandono, unha situación que está a ocasionar molestias entre os veciños, xa que non entenden porque non se recollen e adecentan estes puntos limpos.
Díaz anuncia que presentará unha pregunta no vindeiro Pleno para coñecer que accións vai levar adiante o Alcalde para corrixir esta situación. Replica que a situación destes puntos presenta “un estado de abandono, fundamentalmente polo actitude de pasotismo e deixadez do Alcalde, que é incapaz de atender ás necesidades máis básicas do Concello”.
O voceiro pídelle ao Rexedor que se adique a preocuparse polos problemas dos veciños de Abadín “a recollida dos puntos limpos ten que ser unha prioridade, para dar resposta así ás demandas do veciños”. Ademais advirte que tampouco se realiza ningunha labor de limpeza en todo o entorno destes puntos limpos, tal e como é preceptivo.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



