Alfoz, a 17 de novembro de 2017. O Seminario de Estudos do Valadouro organiza o I Certame de Curtas Alfoz-Valadouro, que se englobará dentro da celebración do VI Festi-Val de Cine Alfoz-Valadouro, e que se rexerá polas seguintes BASES:
1.Traballos a presentar:
·Os traballos presentados deberán ter unha duración máxima de 10 minutos e estar rodados nos anos 2018, 2017, 2016 ou 2015.
·Pode presentar traballos calquera persoa que o desexe, sen límite de idade nin procedencia.
·A temática do vídeo é libre. A organización resérvase o dereito de rexeitar aquelas creacións nas que se fomente o racismo, o machismo, a homofobia ou a vulneración de calquera dos dereitos humanos recollidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos.
·Os autores serán os únicos responsables do contido das pezas presentadas. Pódense presentar ata tres producións por persoa.
·Se se inclúe banda sonora no traballo, esta deberá estar libre de dereitos de autor ou contar coa autorización do propietario dos dereitos para a súa exhibición.
·A lingua principal do vídeo deberá ser o galego, podendo aparecer outras linguas de forma minoritaria. Corresponde á Organización decidir se o uso doutra lingua é minoritario ou non.
2.Presentación dos traballos:
·Para presentar un vídeo ó certame deberase enviar un correo electrónico a peinoster@gmail.com co asunto “I Certame Curtas Alfoz-Valadouro”, no que se incluirán as seguintes cousas:
-Título do vídeo.
-Descrición da gravación (tres ou catro liñas).
-O vídeo pódese presentar de tres formas: cunha ligazón a un servidor en internet como Mega, Wetransfer ou similares, no que se colgará o vídeo, a fin de que o Xurado poida baixalo e visionalo; en formato DVD ou gravado nun pen drive (os que elixan formato DVD ou pen drive deben envialos a José Vázquez Peinó, Rúa Congostra, nº 22, Portal 3, 4º A, 27780 Foz, LUGO).
-Nome do Director do vídeo.
-DNI do participante.
-E Mail do participante.
-Teléfono do participante.
-Un fotograma ou imaxe representativa do filme, para a súa exposición en carteis e anuncios do Certame.
3.Prazo de presentación:
·Os traballos deberán presentarse antes do 9 de febreiro de 2018.
4.Fases do Certame: o certame divídese en dúas fases:
·1ª FASE: Un Xurado de xente do mundo do cine, escollida pola Organización do Certame, elixirá 8 traballos finalistas entre todos os presentados.
·2ª FASE: O sábado 10 de marzo de 2017 proxectaranse en público, dentro do VI Festi-Val de Cine Alfoz-Valadouro, os 8 traballos finalistas. O Xurado, presente na sala, escollerá dous premios: un 1º Premio á Mellor Película, dotado con 300 euros e unha estatuílla representativa do Certame; e un Premio á Mellor Película do Val, presentada por persoas de Alfoz e O Valadouro, dotado con 150 euros e unha estatuílla. Igualmente ese mesmo día o público asistente votará pola mellor película presentada e cos votos do público escollerase o Premio do Público, dotado tamén con 150 euros e unha estatuílla.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



