Lugo, 1 de decembro de 2017.- Dez novos concellos da provincia de Lugo implantarán a Historia Social Única Electrónica (HSUE), a plataforma da Xunta que integra nun mesmo sistema todos os datos relativos á historia social do individuo e facilita a coordinación de todos os axentes que participan na prestación dos servizos sociais.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Política Social colaboran para facilitar a difusión desta plataforma entre as entidades locais, así como a planificación conxunta e a coordinación das actuacións para axilizar a súa implantación.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, inaugurou hoxe unha nova xornada de formación na que participaron o persoal dos servizos sociais de dez concellos adheridos á iniciativa, en concreto, os de Abadín, Bóveda, A Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Xermade e Xove.
Na provincia de Lugo a HSUE, que permite aos traballadores sociais acceder ao expediente social dos usuarios en formato electrónico, xa se implantou como experiencia piloto nos concellos de Sober e Viveiro, aos que agora se suman estes dez novos municipios.
Vantaxes para os usuarios
Balseiro explicou que os cidadáns percibirán as vantaxes do novo sistema na simplificación das tramitacións, e nunha atención máis personalizada, xa que o profesional terá acceso de xeito inmediato a información máis relevante do seu historial, tanto de servizos como de prestacións ou recursos asignados.
Ademais, facilitará unha atención máis proactiva, grazas a un sistema de alertas e subscricións que avisa ao profesional de calquera cambio no historial da persoa para que poida actuar de maneira inmediata.
Modernización dos servizos sociais
O delegado territorial lembrou que a extensión da Historia Social Única Electrónica (HSUE) supón un fito no eido dos servizos sociais similar á posta en marcha da Historia Clínica no eido sanitario ao integrar nun mesmo sistema todos os datos relativos a historia social do individuo, incluíndo a situación persoal, social e familiar; as súas demandas, prestacións, servizos e recursos, así como as valoracións, intervencións, seguimento e avaliación por parte do sistema de servizos sociais, ademais de información referente a profesionais e a institucións e organizacións que interveñen nas mesmas.
A este avance sumouse a incorporación da sinatura electrónica a través de HSUE. Isto permite xerar e asinar dixitalmente os informes sociais normalizados e arquivalos na Historia Social Única Electrónica do individuo, o que permite o envío de xeito telemático deste informe ás unidades tramitadoras.
De xeito paralelo, e grazas as posibilidades que ofrece a HSUE, estase a facilitar o acceso do persoal médico dos equipos de valoración de discapacidade e dependencia ao Historia Clínico Electrónica de persoas que soliciten este recoñecemento; medida que permitirá mellorar a tramitación das referidas valoracións
Plan Trabe
O Plan Trabe para a Modernización Tecnolóxica dos Servizos Sociais, dotado cun orzamento de 19,7 millóns de euros en cinco anos, é un instrumento de apoio á planificación estratéxica deste área clave para a Comunidade, que xestiona a atención e as prestacións dun terzo da poboación.
Coa integración das TIC na xestión dos servizos sociais, a Administración autonómica busca mellorar a súa eficiencia para garantir á sustentabilidade do sistema e incrementar a súa capacidade para dar cobertura a unha demanda que está en aumento. Ademais, a modernización da xestión permitirá reducir tarefas administrativos e prazos de tramitación.
As actuacións do Plan Trabe incluidas dentro da operación “Plataforma tecnolóxica do catálogo galego de servizos sociais – Implantación da Historia Social Única Electrónica” atópanse cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



