Cervo, 19 de decembro de 2017.- O Concello de Cervo vén de iniciar os traballos de roza e desmonte para o trazado do Paseo Peonil de Sargadelos, que unirá a Fábrica de Cerámica co futuro Centro de Artesanía e o edificio das Antigas Naves de Fundición; é dicir, co Conxunto Histórico Artístico.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Obras, Plácido Pérez, e a de Medio Ambiente, Manuela Méndez, estiveron supervisando os traballos que contan cun orzamento de 158.743 euros, froito dun convenio asinado coa Deputación Provincial.
Tal e como explicou o rexedor o novo paseo terá entre 1,5 e 2 metros de ancho, dependendo da zona, ao longo de 819 metros de percorrido colindante coa estrada LU-P-1505, que une a Fábrica e as Antigas Naves de Fundición; pasando polo núcleo de Sargadelos.
Tal e como apuntou Villares o camiño terá varios tramos que discorrirán tanto pola marxe dereita como esquerda da estrada; en función do trazado. Ademais, tamén se construirá unha pasarela de madeira sobre o “Regato de Sargadelos”, para favorecer o tránsito peonil.
Tamén se considerou soterrar as liñas aéreas de baixa tensión e de teléfono baixo a nova zona peonil, co obxectivo de reducir así o impacto visual do cableado.
A alcalde apuntou que o comezo desta obra é unha moi boa nova para todos porque se trata dun tramo de dobre senso de circulación, estreito e sen apenas beiravía, polo que “con este paseo gañaremos moito en seguridade”, tendo en conta, ademais, que é unha zona moi transitada fundamentalmente polos propios veciños, pero tamén, sen dúbida, por moitos visitantes; porque non podemos olvidar que Sargadelos é un referente non só na provincia de Lugo, senón tamén fóra dos nosos límites; “polo que unha actuación desta natureza cremos que lle vai aportar un gran valor engadido a todo o Conxunto Histórico Artístico; xa que aqueles que nos visiten podarán desfrutar con seguridade dunha contorna excepcional como a que temos o privilexio de contar no noso Concello”.
Aínda que os técnicos se atoparon con algunha dificultade nas primeiras escavacións, a previsión é que o paseo estea finalizado e transitable antes do verán; “cando contaremos cun Conxunto Histórico Artístico con máis e mellores prestación; xa que este novo sendeiro virá sumarse á posta en funcionamento do Centro de Artesanía que estará ubicado no Antigo Edificio das Cabalerizas”; para o que recordamos que os artesáns interesados teñen ata comezos de ano para entregar toda a documentación requirida para poder optar a un dos 6 locais habilitados nestas instalacións.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



