Con sinceridade, a quen non lle asusta a intervención da Señora Vicepresidenta do Goberno , na que fala de descabezar? A min asústame moito, como demócrata e como persoa. Só é explicable por unha iluminación transitoria do seu líder supremo, é dicir, por unha situación de éxtase “Mariano”, cal Juana de Arco do centralismo. Porque coido que politicamente non é explicable e tampouco moi inspiradora, valeulle para chegar a 4 deputados, en Galicia nin terían representación, igual a xente colleu medo.
Convido, á quen queira, a ver a clase de políticos que son capaces de manipular de xeito tan grave a división de poderes do Estado, é unha intervención ben ilustrativa da súa forma de facer política: unilateralidade nas decisións, rancor, odio, control das administracións e rabia. O vídeo transmite moi ben o fondo da acción política do máis rancio PP.
Mais a realidade é dura Señora Soraya, os líderes non son máis líderes por estar na rúa, mesmo iso no PP teñen que sabelo ben, son o único Partido Político imputado por corrupción co líder pola rúa sen problema, tamén parece que o seu guía espiritual figura en algún que outro informe policial. A sociedade catalá acaba de darlle unha lección, non só política, unha lección de educación, coido ben merecida.
Isto non ven máis que a demostrar a súa clara estratexia de destruír todo aquelo que non responde ó seu ideario e a súa máquina electoral, en calquera democracia tería que ter dimitido, pero no PP son máis do “se fuerte” que todo pasa.
Temos que ter en conta que foi precisamente Dona Soraya xunto con Federico Trillo os que o 31 de Xullo de 2006, de forma totalmente unilateral, presentaban o tan famoso recurso contra un Estatut que fora referendado polo 73,9 por cento dos votantes en referendo e que incluso Josep Pique apoiaba. E fala de unilateralidade, incrible. De esta actuación deriva toda a situación actual. Por certo daquela coincidía o PP con ERC e a CUP, que cousas ten a vida.
Non pode estar ó fronte do “Ministerio de Presidencia y para las Administraciones territoriales” unha “incha” do centralismo que demostra unha total falla de cintura e capacidade negociadora e un continuo abuso de poder, mesmo cando vai mercar roupa a unha grande superficie en coche oficial, eses pequenos detalles …
Os líderes son aqueles que a maioría parlamentaria elixe señora Soraya, non aqueles iluminados por un éxtase “Mariano”, mal que lle pese.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



