Lugo, 14 de febreiro de 2018. O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Argelio Fernández Queipo, presentou este mércores as Xornadas sobre a nova Lei 9/2017 de contratos do sector público, que terán lugar o 19 e 20 de febreiro no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Os coloquios, que contarán coa asistencia de máis de 180 profesionais, están dirixidos a secretarios, interventores, tesoureiros e persoal ao servizo do sector público local. Nestes encontros realizarase unha análise dos cambios lexislativos que a Lei 9/2017 producirá nun futuro inmediato en materia de contratación pública.
Fernández Queipo destacou “dende o Goberno da Deputación traballamos para mellorar a eficiencia, transparencia e xestión na administración pública. Neste senso, levamos a cabo estas xornadas formativas sobre os cambios que se producirán na contratación pública coa entrada en vigor da nova lei no mes de marzo. As charlas contarán con tres poñentes de gran prestixio como son: Javier Tena Ruiz, Interventor Tesoureiro da Administración Local e Subdirector Xeneral de Coordinación da Contratación do Concello de Madrid; Elena Hernáez Salguero, Presidenta do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade de Madrid; e Patricia Valcárcel Fernández, Profesora Titular de Dereito Administrativo na Universidade de Vigo”.
Os obxectivos destas xornadas son, por unha banda, dar a coñecer os cambios na contratación pública con respecto aos principios de igualdade de trato, non discriminación, transparencia, proporcionalidade e integridade. E, por outra banda, preténdese realizar un retrato da paisaxe lexislativa marcada pola “Estratexia Europa 2020”, que persegue un crecemento económico intelixente, sostible e inclusivo que garanta un uso máis racional dos fondos públicos dentro dos Estados da Unión Europea.
Programa das xornadas
Luns, 19 de febreiro de 2018
– De 09:00 a 14:00 horas: Javier Tena Ruiz. Interventor Tesoureiro de Administración Local, Coordinador do Proxecto CSP (Contratos no Sector Público) e Subdirector Xeral de Coordinación da Contratación do Ayuntamiento de Madrid.
Contido:
O obxecto e a necesidade da contratación
A determinación da necesidade e o seu marco temporal
A configuración do obxecto do contrato:
• Fraccionamento do obxecto contractual.
As especificacións técnicas
As condicións especiais de execución
Os compromisos de adscrición de medios
A aptitude para a contratación
Condicións de solvencia e clasificación
Integración de solvencia cos medios de terceiros
As UTEs
Os cambios producidos nos procedementos de contratación
De procedementos simplificados ao contrato menor, pasando polo procedemento negociado.
– De 16:30 a 20:30 horas: Elena Hernáez Salguero. Presidenta do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade de Madrid.
Contido:
Tipoloxías dos contratos e diferenciación
Concesión de Servizos
Contrato de Servizos
Administrativos especiais
Xestión de servizos non públicos
Réxime de Recursos administrativos en materia de contratación
Actos e procedementos
Aspectos Sociais e Medioambientais da contratación pública
Opcións e límites á incorporación de cláusulas sociais e medioambientais na contratación pública
Martes, 20 de febreiro de 2018
– De 16:30 a 20:30 horas: Patricia Valcárcel Fernández. Profesora Titular de Dereito Administrativo da Universidade de Vigo.
Contido:
A adxudicación e perfeccionamento dos contratos
Criterios de adxudicación
Actuacións das mesas de contratación.
Tratamento das ofertas anormais ou desproporcionadas
Execución e modificación dos contratos
Réxime de control e penalidades
A responsabilidade do contratista
Modificación do contrato e prestacións complementarias
Resolución do contrato
Liquidación dos contratos






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



