Ribadeo, 23 de febreiro de 2018. Na asemblea xeral ordinaria de Acisa, celebrada onte á noite, foron convocadas oficialmente as eleccións para proceder á renovación da xunta directiva. O proceso electoral ábrese o 1 de marzo e o día 12 dese mes ás sete da tarde deberán estar inscritas as candidaturas participantes neste proceso.
Se so se presentase unha única candidatura, de xeito automático se considerará proclamada a nova xunta directiva, que tomará posesión dos seus cargos na asemblea extraordinaria que terá lugar o 19 de marzo ás 20:30 horas. Se houbese dúas ou máis candidaturas o 12 de marzo notificarase aos socios a totalidade das presentadas, que disporán ata o 19 de marzo para conseguir os apoios necesarios. Esa xornada tería lugar a votación, e unha vez realizado o reconto proclamaríase e tomaría posesión a nova xunta directiva.
Desde onte e ata a proclamación da nova xunta directiva a actual permanece en funcións. O presidente, David Martínez, anima aos socios de Acisa “a que dean un paso adiante para formar unha nova xunta directiva”. E subliña que “as contas están ao día e a asociación conta cun xerente que coñece o funcionamento da mesma á perfección”. Martínez quixo “agradecer o traballo realizado por Jesús Pérez durante o meu mandato a si como o do traballador do Programa Ben Empregado, Jose Angel Pombo; e darlle unha vez máis o noso respaldo, o da xunta directiva e o da asemblea ao noso xerente. Realiza un traballo, que ás veces é complicado, xa que ademais do día a día da asociación, tamén é a cara e a imaxe de Acisa ante os propios asociados e asociadas, intentando solucionar os seus problemas e inquedanzas. O seu obxectivo é buscar o maior beneficio para o comercio e para a hostalería asociad@s”.
Na asemblea celebrada onte tamén se falou da VII Gala Anual de Acisa, que se celebrará o vindeiro 16 de marzo ás 21:30 horas no Parador de Turismo de Ribadeo. O prezo das tarxetas é de 25 euros tanto para socios como para non socios e poden adquirirse nas oficinas de Acisa ou no mesmo Parador. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ultima os preparativos do evento no que serán premiados os propietarios de Ferraxería Morán, de O Bodegón, e de Terra Branca.
Acisa contará cun orzamento de ingresos e gastos en 2018 que roldará os 119.000 euros. No capítulo de ingresos figuran as cotas dos asociados e asociados e diferentes subvencións. E no capítulo de gastos os fixos ascenden a uns 37.000 euros e os variables a 82.000 euros. Nesta última partidas están incluídos os gastos nas campañas organizadas por Acisa, os gastos da oficina e os relativos aos premios que se reparten ao longo do ano.
Acisa ten previsto realizar diversas actividades ao longo de 2018, aínda que será a nova xunta directiva a que programe as que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses despois da súa toma de posesión. Antes será a VII Gala Anual de Acisa e a campaña do día pai.
A xunta directiva en funcións tamén fixo balance do ano 2017 e aprobou a súa conta xeral na que os gastos foron 117.000 euros e os ingresos 156.000 euros, co que o exercicio rematou cun saldo positivo de 38.900 euros. Na asemblea explicaron que “este resultado é positivo porque o ano pasado fóronos ingresadas as subvencións da Xunta de Galicia de 2016 e 2017, algo que non é habitual, xa que a 2017 tocaría cobrala agora no 2018”. Acisa gastou o ano pasado 51.900 euros nas campañas de dinamización comercial, 2.700 en patrocinios e colaboracións, 9.905 en premios e vales, e 52.000 euros en persoal, seguridade social, impostos, xestión, oficina e diversos servizos ofrecidos aos socios. E no capítulo de ingresos figuran as cotas dos socios e as subvencións da Xunta, do Concello e do Ben Empregado II e III.






















Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



