Burela, 14 de febreiro de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, anima a veciños e veciñas a participar no Enterro da Sardiña que terá lugar esta tarde a partir das 20:00 horas. O rexedor agradece a súa creación á asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña e subliña que estará exposta esta tarde na carpa da praza do Concello ata que saia para participar no Enterro. O acto estará dedicado a Ramón Andrade, concelleiro burelés falecido hai uns meses.
Alfredo Llano dixo que “esta edición do Entroido aquí en Burela remata hoxe, mércores, ás oito da tarde co enterro da sardiña”.
O alcalde lembrou que “houbo moita actividade, a verdade é que esta edición, e aínda que houbo mal tempo en xeral, participou moita xente, houbo moitos disfraces por aí, houbo freixoadas e todo aquilo que foi interesante e que lembrara o acontecemento do Entroido”.
Llano salientou que “o enterro da sardiña vai ser cunha sardiña feita pola asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña. Teño que agradecer á xente que participou na realización desa sardiña que estamos moi agradecidos por facer esa obra colectiva que fixeron todos os rapaces e rapazas que están alí, coas súas circunstancias, e que culminaron unha sardiña moi vistosa e artística”.
O rexedor quere “invitar a todos os veciños e veciñas de Burela e á xente que queira achegarse hoxe por aquí, que a partir das oito imos facer o enterro da sardiña, e ao final haberá unha invitación de viño e bolos preñaos para a xente que queira asistir. Animar a todo o mundo que veña a Burela para culminar esta edición do Entroido do ano 2018 no noso concello. Imos ter a oportunidade de ver a sardiña antes de queimala e facerlle o enterro, imos tela na carpa que temos instalada na praza do Concello onde imos poñela ao mediodía ata as cinco e media ou seis da tarde en que se retirará para ir á rúa do Ril”.
O alcalde burelés comentou que “este acto vai un pouco dedicado ao noso concelleiro Andrade, porque era el quen se encargaba de organizar, dunha maneira ademais moi vistosa e moi óptima, o enterro da sardiña. Polo tanto imos dedicalo a el porque penso que o merece”.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



