Lugo, 22 de febreiro de 2018. O Presidente, Darío Campos Conde, presentou este xoves as bases do Plan Único 2018, que o Goberno da Deputación leva ao Pleno do vindeiro martes para a súa aprobación. Campos Conde explicou que “incrementamos este programación, con respecto ao ano pasado, en 1 millón de euros, pois incluímos 11 millóns do orzamento provincial e 10 de remanentes. Achegamos, polo tanto, 21 millóns aos 67 Concellos da provincia coa finalidade última de mellorar a calidade de vida dos máis de 300.000 lucenses dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas”.
“Tal e como levamos facendo dende que asumín a presidencia da Deputación, distribuímos estes fondos nos municipios en base a criterios totalmente obxectivos, como son a poboación, superficie, núcleos poboacionais e taxa de envellecemento. Isto supón axudas dun máximo de 500.000 euros nos maiores Concellos da provincia, que son os de Lugo, Viveiro, Monforte de Lemos, Vilalba e Sarria; e duns 200.000 nos municipios máis pequenos, como Negueira de Muñiz, Rábade ou Triacastela”, apuntou.
“Estes foron, exactamente, os mesmos criterios obxectivos que decidimos empregar no 2016 para a distribución nos Concellos de 11 millóns de euros para o POS, Servizo a Domicilio a non dependentes, Programa de Aforro Enerxético ou DepuEmprego. O ano pasado, englobamos todas estas programacións nun único plan, que o foi o Plan Único 2017, dotándoo de 20 millóns ao incluír remanentes. Conseguimos, deste xeito, ofrecer máis axudas equitativas aos Concellos e para máis fins, como o impulso do turismo, da cultura ou do deporte”, subliñou.
Resultados do Plan Único 2017
O Presidente detallou algúns dos resultados o Plan Único 2017, destacando os seguintes:
– “financiamos con 13 millóns de euros máis de 270 obras nos 67 Concellos. Isto contribuíu a que no 2017 dende a Deputación liderásemos a obra pública na nosa provincia, mellorando servizos públicos a todos os veciños e mantendo emprego”.
– “prestamos atención profesional a 1.800 maiores da provincia, que non atende a Xunta de Galicia, con 1,8 millóns de euros para o Servizo a Domicilio a non dependentes”.
– “xeramos 315 novos postos de traballo nos Concellos con 3,6 millóns para o DepuEmprego. Isto contribuíu a que no 2017 volvésemos a ser a institución que máis inviste na xeración directa de emprego na provincia”.
– “impulsamos a celebración de 71 eventos turísticos, 119 actividades culturais e 78 eventos deportivos, contribuíndo a ser, por excelencia, a administración da provincia que promove este sectores”.
Criterios para 2018
O Presidente explicou que “este ano, buscamos mellorar ou, cando menos, manter estes resultados, atendendo ás necesidades dos veciños dos 67 Concellos dende unha Deputación coas persoas, social e rural”. Por este motivo, nas bases desta programación establécense os seguintes criterios:
1.- que cando menos o 50% dos fondos que recibe cada Concello se destinen a novos investimentos. Isto garante que un mínimo de 10,5 millóns de euros sexan para obras de mellora ou dotación de servizos públicos nos municipios. Os Concellos poden superar esta porcentaxe se así o deciden.
2.- tendo en conta a taxa de paro da provincia, poderanse destinar ata un total de 7 millóns de euros a políticas activas de emprego. Os municipios decidirán os fondos que destinan a esta liña.
3.- que se destinen cando menos as mesmas cantidades que o ano pasado, que sumaron 1,8 millóns, para manter a atención profesional que a día de hoxe a Deputación presta a 1.800 maiores co Servizo a Domicilio a non dependentes. Os Concellos poden superar este investimento se así se require.
4.- ata 3 millóns poden ser para o impulso do turismo, de actividades culturais e de eventos deportivos. Os municipios poden achegar un máximo do 30% dos fondos que reciben a esta liña.
5.- tendo en conta o recorte da Xunta nos fondos para os 44 grupos de Protección Civil que hai na provincia e as dificultades dos Concellos para mantelos, introdúcese unha liña de financiamento para este fin. Está dotada dun máximo de 176.000, pois fíxase un máximo de 4.000 euros.
Anticipo do 50%
Campos Conde explicou que se lles ofrece aos Concellos un anticipo dos fondos do 50% co obxectivo de “inxectar canto antes da provincia 10,5 millóns de euros”. As bases levaranse ao Pleno do martes, unha vez aprobadas os municipios poden solicitar o anticipo e presentar os proxectos, tendo un mes para facelo.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



