Mondoñedo, 14 de febreiro de 2018.- O Concello de Mondoñedo conta dende hoxe cun desfibrilador. O concelleiro de Obras e presidente da agrupación de voluntarios de Protección Civil recolleu este dispositivo, no marco do acto organizado na sede da Academia Galega de Seguridade Pública (A Estrada) polas consellerías de Presidencia e de Sanidade, e no que os titulares de ambos os dous departamentos, Alfonso Rueda e Jesús Vázquez Almuíña, respectivamente, entregaron 157 destes aparatos, que aplican descargas eléctricas para restablecer o ritmo cardiaco, a bombeiros comarcais, GES e agrupacións de Protección Civil como a mindoniense.
O edil, en nome do equipo de goberno, agradece a colaboración da administración autonómica, pois “grazas a este dispositivo poderemos prestar unha mellor atención en posible sinistros ou accidentes que poidan producirse”. Trátase, por tanto, dunha iniciativa, indica, que repercute “na seguridade cidadá”.
Deste xeito, os concellos beneficiarios como Mondoñedo dispoñen de mellores equipos ante unha emerxencia. Precisamente, Galicia foi pioneira en España no desenvolvemento de estratexias de cardioprotección, iniciada coa publicación do Decreto 251/2000 que regulaba o uso de desfibriladores por persoal non médico. Asemade, coa aprobación do Decreto 38/2017 polo que se regula a instalación e o uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario, hoxe a Comunidade conta cun total de 2.161 deste equipos.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



