Burela 14-2-18. Imos camiño de cumprir tres anos de mandato e o alcalde, co seu equipo de goberno, aínda non fixeron unha soa xestión administrativa para recuperar os servizos de auga e de limpeza prometidos que como todos sabemos son privados en Burela, non son que de cumprir o prometido na campaña e no programa electoral. Compre lembrar ós burelaos que en plena campaña electoral se produciron sen-dos bóuzoneos e promesas ó respecto con enfrontamento directo co anterior goberno.
Compromiso por Galicia Burela, denuncia publicamente a falla de palabra, novamente, de Alfredo Llano que ven a demostrar a súa calidade e forza de credibilidade e preguntamos publicamente se vai ter a dignidade de presentarse á reelección el mesmo ou calquera dos concelleiros, despois de non cumprir a medida estrela do seu programa.
Non só non cumpriron que ademais voltaron a privatizar o servizo de recollida de lixo e algún outro, facendo de Burela o Concello que máis servizos públicos privatizados ten, na contorna, medida moi socialista por certo.
Burela está a sufrir a pouca capacidade de xestión de este mal equipo de goberno, lembramos que foi o concello con menor inversión por habitante de toda Galicia o ano pasado.
Non teñen nin a confianza no seu propio partido político non sendo quen de gañar a primarias provinciais, tendo o hipotético apoio do máximo responsable do PSOE galego. Cando non confían en ti na túa casa algo pasa.
Burela é unha vila dinámica e con moita capacidade que non precisa o freo que está sendo o actual goberno. Dende CxG reclamamos que cumpran o prometido e que se recuperen os servizos de auga e lixo para xestión directa do Concello antes do remate do actual mandato, senón son capaces, con que proxecto se queren voltar a presentar?